Asus vén de facer público o lanzamento dunha nova tablet Android de 7 polgadas que parece vir para competir coa Nexus 7, o dispositivo do mesmo fabricante comercializado baixo o selo de Google, tanto en prezo como en prestacións.
A nova MeMO Pad vén equipada cunha pantalla de 7 polgadas multitáctil (até 10 puntos simultáneos), cunha resolución de 1024 x 600 e 350 nits de brillo. Inclúe 8 ou 16 GB (2 versións) de memoria interna (5 GB extra gratuítos na “nube” de ASUS), ampliábeis por microSD con tarxetas de até 32 GB, 1 GB de RAM e un procesador mononúcleo a 1 GHZ (algo xusto, non?)
Como sistema operativo conta de partida con Jelly Bean (4.1). En canto a autonomá, incorpora unha batería de 4270 mAh.
Estas prestacións, bastante interesantes, compleméntanse cun prezo axustado, 169 €. Poderase adquirir, inicialmente, en 3 cores: branco, negro e fucsia.