Google dá un paso máis para converterse en operador móbil

Non hai moito tempo a imaxe que ilustra esta entrada abriu portadas dos medios tecnolóxicos: tiña Google preparadas as tarxetas SIM para lanzar o seu propio operador de telefonía móbil? Malia ter resultado ser un fake coma moitas outras fotos que aparecen na rede, o certo é que ao xigante das buscas o tema de proveer o servizo de comunicacións gústalle.
Como exemplo temos Google Fiber, servizo co que Google ofrece acceso a Internet por fibra óptica a 0 €/mes (si, líchedes ben) para unha velocidade de 5/1 Mbps ou 70 $/mes para 1000/1000 Mbps. Pero como sabedes, a mobilidade é quizais o eido no que os usuarios demandan melloras de conexión, polo que a idea de Google como operador de telefonía móbil non é tan descabelada.
As últimas novas sobre o tema apuntan a que en Mountain View xa andan a probar unha rede inarámica baseada en LTE e orientada a data-only, é dicir, a usar como rede de datos. Isto implicaría que todo estaría baseado en tráfico de datos, incluída telefonía IP. De feito, segundo uns documentos da FCC (a CMT estadounidense), a rede de Google estaría composta de 50 estacións base e 200 dispositivos (ou usuarios) que operarían na banda de 2,5 GHz.
Que vos parece esta nova? Confiaríades aínda máis a vosa vida nunha empresa como Google até o punto de facer que fose o voso operador de telecomunicacións?

Sobre o autor

One Response

  1. Nemigo 28 Xaneiro, 2013 Responder

Reply