Huawei Ascend P2: rumores e foto oficial

Malia que estemos acostumados a que a meirande parte dos terminais de Huawei que vemos no noso país pertenzan á gama media e baixa, o certo é que o fabricante chinés ten dispositivos máis ca interesantes na gama alta, aínda que non tan relevantes, falando de presenza / número de unidades vendidas.
Todo parece indicar que será no próximo Mobile World Congress cando se presente un terminal que leva varios días dando voltas pola rede en forma de rumor e filtracións, o Huawei Ascend P2, que contaría cunha cámara de 13 megapíxeles nun deseño ultrafino de tan só 6,45 mm como características máis destacábeis.
O procesador sería un quad – core a 1,8 GHz, tería 2 GB de RAM e unha pantalla de 4,5 polgadas. A batería acadaría os 3000 mAh e como sistema operativo traería Jelly Bean.
De confirmarse todos os datos estaríamos falando de todo un “maquinón”, un novo Android de referencia. Haberá que agardar a finais de febreiro a ver cales destas características se revelan.

Sobre o autor

Reply