Leva o control das túas series favoritas con estas dúas aplicacións

Hoxe traémovos unha comparativa entre dúas aplicacións dirixidas aos máis seriéfilos: Series Guide Show Manager e TV Show Favs.
Ambas as dúas cumplen a súa misión á perfección, que é ter un control total das nosas series favoritas: data de emisión, fin da tempada, capítulos pendentes… se ben é certo que presentan unhas cantas diferenzas, como veremos a continuación
 Series Guide Show Manager
O primeiro que temos que facer para sacarlle o máximo partido á aplicación é usar o buscador para achar as series das que desexemos estar ao día, para o cal, temos varías pestanas nas que ter todo ben organizado.
Por exemplo como vemos na captura, temos o apartado “Todos” nos que podemos ver a listaxe de series en bruto, e logo se queremos organizar por xénero (por exemplo) as series podemos crear listas.
Unha vez que temos isto máis ou menos organizado, contamos con moita información e utilidades se clicamos nunha serie:

  • Información sobre cando foi o estreo da serie.
  • Data do último capítulo emitido.
  • Nome dos actores/actrices.
  • Cales serán as próximas emisións.
  • A posibilidade de marcar que cápitulos levamos visto e cales non (quizais a característica máis interesante).

Tamén, para os máis seareiros, a aplicación conta, entre outros, cun enlace directo a Amazon para mercar os DVDs da serie.

Como non podería ser doutro xeito, a aplicación non deixa de lado a súa parte máis social, e conta coa opción de compartir na nosa rede social favorita que capítulo estamos vendo e se nos está a gustar ou non.

Un punto moi interesante, sobre todo para os que andamos con moitas cousas na cabeza, é que permite crear eventos nun día e nunha hora determinada para que non nos esquezamos de que comeza a serie.
Debemos ter en conta que as datas son as das emisións americanas ou británicas.
TV Show Favs
Nesta aplicación o primeiro que debemos facer é rexistrarnos para poder usala. Ademáis todas as opcións non están activas, xa que a aplicación conta con outra versión de pago.
Cando a abrimos, atopamos cinco iconas para acceder con comodidade ás diferentes opcións. Por exemplo, poderemos:

  • Consultar a nosa axenda na que poder ver as próximas emisións: data, canle e hora (americana / británica).
  • Consultar que capitulos temos por ver.
  • Acceder á listaxe completa das nosas series favoritas.

Dende a aplicación fácilitase a posibilidade de sabelo todo sobre os actores e actrices, xa que cando cosultamos información sobre unha serie, temos unha pestana cos nomes dos artistas ligados á web IMDb.com, que conta con moitos datos biográficos.

Estos son algúns dos aspectos nos que destaca sobre Series Guide Show Manager, pero desde TV Show Favs tamén se podes levar un control total sobre capítulos emitidos, vistos, ou cales serán os próximos en emitirse.

Resumindo, Series Guide Show Manager destaca polo seu deseño ou a posiblidade de crear eventos, mentres que TV Show Favs polo escritorio sinxelo para acceder ao que queiramos.

Nos aspectos negativos, destacar que apenas permiten o seguemento de series galegas (Series Guide inclúe Matalobos, como nos apunta @AmilGZ). Ademais, TV Show Favs dispón de publicidade e grandes limitacións na versión gratuíta.

Nome da aplicación: Series Guide Show Manager
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.3 ou superior
Desenvolvedor: Uwe Trottmann
Descarga: Play Store

Nome da aplicación: TV Show Favs
Prezo: Gratuíta / 3,91 €
Requerimentos: Android 2.3 ou superior
Desenvolvedor: MKDevelopment
Descarga: Play Store

Este artigo foi escrito por Álvaro Mouteira Souto. Ti tamén podes colaborar enviando os teus artigos ou análises.

Sobre o autor

Reply