Orange presenta un novo terminal baixo a súa marca, Daytona

Faise raro falar hoxe en día de terminais exclusivos de operadoras dada a tendencia dos usuarios a fuxir cara os operadores móbiles virtuais (OMV) e os terminais libres. Sen embargo aínda existe un sector de prezo baixo explotábel polos “grandes” como Vodafone e Orange.
Hoxe queremos falarvos dun novo dispositivo presentado esta mañá pola compañía francesa Orange, o Daytona, fabricado por Huawei. Este terminal conta cunha pantalla IPS de 4,5 polgadas de 854 x 480 píxeles con recubrimento de Gorilla Glass, que evita as pequenas rabuñaduras. O seu procesador é un dual cure de Snapdragon a 1,2 GHz, mentres que a RAM é de 512 MB e a memoria interna de 4 GB (ampliábeis por microSD). Ademais incorpora unha cámara de 5 megapíxeles con flash LED, batería de 1750 mAh e Android Jelly Bean (4.1.1).
Orange comercializa este terminal nun abano de prezos que comeza nos 0 € (con tarifas Delfín 30 ou Ballena 32) ou 49 € (con Ballena 22).

Sobre o autor

Reply