R incorpora o Huawei Ascend G300 ao seu catálogo de terminais

R continúa a súa aposta por Android no seu catálogo de terminais, coa incorporación a partir de hoxe do Huawei Ascend G300, un dispositivo do fabricante chinés que se enmarca dentro dos smartphones de gama media.
Dispón dunha pantalla de 4 polgadas (480 x 800 píxeles de resolución), procesador mononúcleo a 1 GHz, 2 GB de memoria interna (ampliábeis mediante microSD de até 32 GHz) e cámara de 5 megapíxeles con flash LED.
A súa batería é de 1500 mAh e vén con Android 2.3 actualizábel a 4.0. Comercializarase desde hoxe nun abano de prezos que comeza nos 0 € para os consumos máis altos e 89 € para consumos de 9 (+IVE) €/mes ou 29 € para 19 (+IVE) €/mes.

Sobre o autor

Reply