ZTE vén de lanzar no territorio español da man da operadora Yoigo o seu novo terminal Grand XM, o primeiro dispositivo dual core que o fabricante presenta no noso mercado.
Este smartphone dispón de pantalla de 4,3 polgadas, con resolución QHD 540 x 960, 4 GB de memoria interna (ampliábeis con microSD de até 32 GB, *inclúe tarxeta de 4 GB) e cámara de 5 megapíxeles.
Trae Ice Cream Sandwich como sistema operativo e pódese adquirir por 159 € nun pago único para clientes de cartón prepagamento e contrato, ou a prazos, cun pagamento inicial e 39 € e 24 cotas de 5 €, aínda que esta última modalidade fica reservada a clientes de contrato.