A fusión de aplicacións de mensaxería de Google podería chegar con KLP

Gtalk, Messenger de Google+, Hangouts, Google Voice… Google dispón actualmente de diversos sistemas de mensaxería, segundo esteamos a falar de chat, mensaxería instantánea, vídeochamadas ou chamadas de voz. 
Malia todo, lévase tempo a falar dunha reunificación de todos estes servizos despois de que Google fixera saber as súas intencións para este 2013. Pois ben, este novo servizo de mensaxería integrado podería chegar como principal novidade da vindeira versión de Android, Key Lime Pie, rumores que se fundamentan tras a filtración por parte de François Beaufort, desenvolvedor de Chrome OS, dunhas capturas de pantalla nas que se amosa unha nova icona de mensaxería, que podería ser este novo servizo do que falamos.
Aínda é cedo para poder confirmar se Google ten pensado unificar absolutamente todo, é dicir matar os servizos de mensaxería por separado ou se aínda poderemos evitar o estar “sempre dispoñíbeis”.
Que vos parecen a vos estas novidades?

Sobre o autor

3 Comments

  1. Iván Estévez 5 Febreiro, 2013 Responder
  2. canselleiro 5 Febreiro, 2013 Responder
  3. Mivare 5 Febreiro, 2013 Responder

Reply