Motorola X, todo o que se sabe (ou rumorea) do novo teléfono de Google

Motorola X, XPhone… son varios os nomes e moitos os rumores arredor dun posíbel terminal de Motorola. E non é para menos; desde a adquisición da compañía-fabricante de dispositivos móbiles por parte de Google non coñecimos ningún terminal que levase o selo do buscador, na liña dun Nexus ou algo semellante.
É obvio que en Google saben que teñen que seguir mantendo lazos co resto de fabricantes, posto que Android é o que é hoxe en día grazas a un gran compendio de empresas que axudan a o espallar.
Pero centrándonos no susposto novo Motorola, poderíase estar a traballar para dalo a presentar durante o I/O 2013 aínda que hai dúbidas de que o vaia facer baixo a marca Nexus. Lembremos que, aínda que resulta habitual que nos últimos tempos a chegada dunha nova versión de Android veña acompañada dun terminal Nexus, non sempre foi así. De feito, Honeycomb, a versión 3.0 coa que se inauguraba unha adaptación do sistema operativo pensada para tablets, foi presentada na Motorola Xoom.
No que ten a ver coas características, o XPhone podería supor un completo punto de inflexión no que coñecemos agora, na medida en que se potenciarían os puntos flacos (almacenaxe, cámara e batería) nos dispositivos actuais. Estaríamos falando de
  • Pantalla de 4,8 polgadas.
  • Procesador de catro núcleos.
  • 128 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD).
  • Cámara con lente de Sony (Exmor).
  • Batería de gran capacidade.
  • Android 5 (Key Lime Pie)
Lembremos que estamos a falar de rumores e, polo tanto, que as especificacións finais poden varias respecto do que publicamos sobre estas liñas. De cumplirse estaríase marcando un antes e un despois no camiñar de Android. Agardemos que así sexa.

Sobre o autor

Reply