O MWC de Barcelona adoita servir para marcar as tendencias de todo o ano no mundo da telefonía móbil e, aínda que noutros anos a cita serviu para presentar os smartphones e tablets que asentaron o camiño, semella que este ano será unha edición máis descafeinada.
Malia todo, atoparemos novidades como a nova tablet de ZTE, a V81, un dispositivo que queda nas intermedias 8 polgadas, con resolución 1024 x 768 píxeles. Contará cun procesador de dobre núcleo a 1,4 GHz, 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD e 1 GB de memoria RAM.
A batería será de 3700 mAh e contará con Android 4.1 Jelly Bean como versión do sistema operativo de partida. Terá dobre cámara, de 2 e de 0,3 megapíxeles e conectividade á rede mediante WiFi e 3G.
Aínda que aínda é cedo para falar de prezos, podemoss imaxinar que rondará os 250 – 300 euros por mor da conectividade móbil.