Samsung Galaxy Discover: Android 100% puro

Esta semana sorprendeunos unha nova sobre os coreanos Samsung. E é que segundo parece están a traballar nun smartphone de gama media que ten algo que chama a atención: carece de TouchWiz, a capa de personalización típica de Samsung.
E dicimos que chama a atención porque o máis habitual é que os fabricantes incorporen as súas capas de personalización sobre unha base de Android puro, que ás veces incorporan funcionalidades extra e outras impiden actualizacións do sistema operativo, como pasou co Galaxy S. Mentres, o Android puro queda reservado aos terminais con selo Nexus de Google e a outros dispositivos de fabricantes máis modestos que non contan cun potente grupo de desenvolvemento de software detrás.
Polo demais, o Galaxy Discover ten unhas características técnicas básicas. O seu procesador é de 800 MHz, pantalla de 3,5 polgadas e resolución 320 x 480. 2,7 GB de almacenaxe interna e cámara de 3 megapíxeles.

Sobre o autor

Reply