LG confirma a súa gama L Style II para o Mobile World Congress

Hai pouco máis de 24 horas adiantámosvos que LG estaría preparando unha revisión da súa liña L Style para presentar no Mobile World Congress de Barcelona, algo que hoxe xa se veu a confirmar por parte da compañía.
Con máis de 10 millóns da serie L orixinal, LG pretende volver a bater recórds de vendas coas novidades deste 2013, das que destacan o deseño dunha soa peza cortado con láser cunha parte traseira brillante, ademais de iluminación Smart LED na pantalla de inicio.
Pero ademais tamén mellorarán en funcionalidades software, cunha revisión de QuickMemo, o Quick Button e Safety Care, este último un servizo que permite a transmisión de chamada de emerxencia, notificación de teléfono fóra de uso e aviso de localización para usar en caso de atopármonos en apuros.
O primeiro dos dispositivos que veremos no mercado será o L7 II, que fará a súa aparición incial en Rusia e do que confirman as seguintes característica técnicas:
  • Procesador de dobre núcleo a 1 GHz.
  • 4 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD de 32 GB)
  • 768 MB de RAM
  • Pantalla de 4,3 polgadas
  • Cámara de 8 MP con flash LED e VGA para a frontal.
  • Batería de 2460 mAh
  • Android 4.1 Jelly Bean,
Do L3 II confírmase a pantalla de 3,2 polgadas e batería de 1540 mAh e do L5 II a pantalla de 4 polgadas e batería de 1700 mAh.

Sobre o autor

Reply