Xa non é a primeira vez que falamos de dispositivos con prezos escandalosamente baixos, pero é que desta vez superáronse: nada máis e nada menos que 36 euros polo dispositivo do momento: un tabletphone.
Estamos a falar do Mugu S1, un dispositivo que chega desde a China e que conta con pantalla de 5 polgadas. Malia todo, como podemos agardar, as características técnicas son básicas de todo. Así estamos a falar dun procesador mononúcleo a 1 GHz, 256 MB de RAM e dobre cámara, de 2 megapíxeles principal e VGA a dianteira.
Mención á parte merece a batería, de 2000 mAh, que de seguro dálle unha autonomía máis ca interesante, sobre todo se temos en conta que polas súas características técnicas o consumo enerxético ha ser baixo.
Como podedes imaxinar, non está previsto que este dispositivo saia á venda fóra da China, aínda que sempre hai métodos para mercar nese tipo de países.
e de capacidade de armacenamento interno? versión de android?
Ola,
non dan a coñecer nin datos de almacenaxe interno nin de versión de Android, mais todo fai apuntar a 4 GB (o mínimo habitual neste tipo de terminais chineses) e Ice Cream Sandwich ou superior como sistema operativo
Saúdos
Pois logo por 36€ un chollazo!!! 🙂
o prezo é un chollazo
Puff, outra cousa e que eses datos sexan reais, xa que a batería seguramente non sexa de 2.000 mAh, o que hai que sumar os 256 megas de RAM, unha pantalla de 800×400 pixels, que nos dan como resultado un móvil grande, pero lento e con mala calidade de imaxe…eso si, con un prezo de derribo.