Imaxinamos que as tendas de Google non serán como as desta imaxe 🙂 |
A idea de que Google podería abrir unha cadea de tendas físicas non é nova, é algo que varias persoas con responsabilidades na empresa de Sillicon Valley veñen pensando (e mesmo deixando caer publicamente) desde hai tempo. Mais agora un último rumor apunta a que podería ser antes de fin de ano cando comezasen a abrir as portas as primeiras tendas Google.
A idea ten todo o sentido desde o momento no que o buscador amosou o seu interese polo hardware, tanto na gama Nexus (smartphones, tablets, accesorios…) como cos portátiles co sistema operativo Chrome OS. E logo non sería marabilloso poder probar os terminais fisicamente antes de mercalos e, se nos gustan, levalos xa postos?
Ben montadas, as tendas de Google poderían servir para que os usuarios e potenciais clientes puideran probar os diferentes servizos e produtos que ofrece o buscador, así como tamén facer cursos de uso dos mesmos (ferramentas ofimáticas de Google Drive, SketchUp…), como xa se fai nas Apple Store.
A vós que vos parece a idea? Gustaríavos que tivésemos unha tenda de Google en Galiza?