Malia os éxitos de vendas de marcas como Samsung ou LG non nos podemos esquecer doutros xogadores do panorama Android como Archos que, malia competir noutra liga, teñen un papel fundamental á hora de facer chegar a todos os usuarios as vantaxes de Android con produtos máis competitivos.
Todo parece indicar que en breve (podería ser no Mobile World Congress) descubriremos 3 smartphones, sector no que o fabricante aínda non se ten iniciado, así como tamén unha tablet de 11,6 polgadas de pantalla.
O Archos Carbon 35 sería un dispositivo de entrada, cun prezo de 90 € e características modestas: pantalla HVGA de 3,5 polgadas, 512 MB de memoria RAM e outros 512 MB de memoria interna.
Pola súa banda, o Platinum 48 contaría cunha pantalla de 4,8 polgadas HD, procesador de 1,7 GHz e catro núcleos e un prezo de 249 € e, finalmente, o Titanium 52 acadaría as 5,2 polgadas con procesador de 1,2 GHz de dobre núcleo e un prezo non determinado.
A tablet, Archos 116 Platinum, contaría cunha pantalla de 11,6 polgadas, procesador de 4 núcleos a 1,2 GHz, 2 GB de rAM, 8 GB de memoria interna e un prezo de 350 euros.
Con estes novos dipositivos podemos ver como as opcións para contar cun dispositivo Android tenden a infinito, cada vez a maior velocidade