Liquid E1 e Liquid Z2, os novos dispositivos de Acer

Seguimos a voltas con dispositivos que veremos no Mobile World Congress de Barcelona e hoxe tócalle a quenda a Acer, fabricante que aínda que conta con diversas opcións no sector das tablets Android aínda non deu moita puntada no dos smartphones.
Chegarán á capital catalana con dous dispositivos que se enmarcan na gama media e na de entrada respectivamente, o Liquid E1, que aínda que xa foi presentado oficialmente chega para darse a coñecer en Europa, e o Liquid Z2.
O primeiro deles, Liquid E1, destaca pola súa gran pantalla de 4,5 polgadas qHD e resolución 960 x 540 píxeles, que conta ademais con tecnoloxía IPS. Dispón de procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 4 GB de memoria interna, 1 GB de RAM, cámara de 5 megapíxeles e unha batería de 1760 mAh.
Doutra banda, o Liquid Z2 chega para competir nos dispositivos low cost con características máis modestas: pantalla de 3,5 polgadas HVGA, procesador mononúcleo de 1 GHz, cámara de 3 megapíxeles e 1300 mAh de batería.
O mellor de todo é que ambos saen ao mercado incorporando Android 4.1, Jelly Bean, ademais do prezo (uns 200 € o E1 e arredor de 130 € o Z2). Chegarán aos mercados europeos a finais de febreiro ou comezos de marzo.

Sobre o autor

Reply