Axenda de Mallando no Android no Mobile World Congress

Bona tarda, estimats Androides!
Saudámosvos desde Barcelona, onde aterramos hoxe para contarvos in situ todo o que aconteza no maior foro da telefonía móbil mundial, o Mobile World Congress, que malia comezar oficialmente o luns xa nos deixa eventos previos desde mañá mesmo.
Desde Mallando no Android asegurámosvos que temos unha axenda chea de eventos e reunións, non só con grandes fabricantes senón tamén con moitas pequenas empresas que fan que os nosos smartphones estén repletos de contidos. A grandes rasgos (omitimos moitos encontros), a nosa axenda será a seguinte:

Domingo, 24 de febreiro
  • 14 h : Presentación Huawei
  • 18 h : Presentación Telefónica – Mozilla (Non Android)
  • 20 h : Evento informal Samsung
Luns, 25 de febreiro
  • 8.30 h : Presentación Nokia  (Non Android)
  • 10 h : Entrevista no Galicia por Diante, na Radio Galega (comezará arredor das 10:05 – 10:10h)
  • 13 h : Presentación Asus
  • 16 h : Presentación ZTE
  • 17.30 h : Encontro con Fujitsu
Marte, 26 de febreiro
  • 10 h : Encontro con Sony
  • 10.30 h : Encontro con Vodafone  (Non Android)
  • 11 h : Presentación Emporia  (Non Android)
  • 12 h – Presentación Telefónica  (Non Android)
  • 12.30 h – Presentación Vodafone  (Non Android)
  • 13 h – Encontro con LG
  • 16 h – Demos con Telefónica
  • 18.30 h – Evento Sony
Mércores, 27 de febreiro
  • 10 h : Evento Yoigo (Non Android)
  • 14 h : Encontro con Canonical / Ubuntu (Non Android)
Os actos que teñen que ver con Android serán retransmitidos no Twitter de @mallandroid e logo, cando teñamos un momento, meteranse no blogue. Se vos interesan o resto ou unha visión máis informal da feira, eu conto as miñas impresións desde a miña conta persoal, @iagovarela.

Sobre o autor

One Response

  1. Nemigo 23 Febreiro, 2013 Responder

Reply