Huawei abriu as portas hoxe do Mobile World Congress ao presentar o seu novo Ascend P2, un terminal nado para competir cos máis grandes do panorama Android, iso si, mantendo uns prezos máis accesíbeis para o público xeral.
O CEO de Huawei presentando o Ascend P2 |
Este novo dispositivo súmase ás 4,7 polgadas de pantalla, aínda que deixando a resolución en 720p, xa que segundo explicaron desde o fabricante chinés unha maior resolución nunha pantalla de menos de 5 polgadas é imperceptíbel para o ollo humano, ademais do aforro enerxético que supón (algo a ter moi en conta).
Pero como non só de pantalla vive o smartphone, cómpre destacar que este dispositivo incorpora un procesador de catro núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de memoria RAM e unha cámara principal de 13 megapíxeles (a frontal é de 1.3).
Desde o fabricante chinés explicaron o esforzo feito no tema da batería, que aos 2420 mAh de capacidade suma a posibilidade de facer carga rápida (reducindo até nun 25% o tempo de carga).
E todo ilo dominado por Android Jelly Bean 4.1 levemente modificada no estético pero que si resulta interesante a nível usuario. Aplicacións para manexo dunha nube propia, un Find-my-phone para localizar o teléfono perdido… ou algo que se está a converter nun clásico: Airshare, para compartir o multimedia cunha smart Tv ou unha tablet.
O mellor de todo é que non teremos que agardar moito por el xa que chegará a Europa no segundo trimestre cun prezo de 399€. Será Huawei máis importante no mercado europeo con este lanzamento?
non é boa marca huawei en móbiles. Que falen da súa tecnoloxía de rede que aí si teñen bos produtos