Asus presenta o novo Padfone Infinity e un tabletphone (FonePad)

Se hai un CEO carismático e que desprende optimismo, ese é o de Asus. Un home que fai dunha keynote todo un acontecemento, e este ano volveu a non defraudar, convertindo o evento nun auténtico espectáculo onde non faltou o ilusionismo.
E todo iso para presentarnos dous novos dispositivos, o Padfone Infinity, que vén a ser unha renovación do Padfone, esa concepto de combinación de smartphone e tablet que nos descubriu Asus, e  o FonePad, a súa introdución no mundo das tabletphones.
Comezando polo produto estrela, o Padfone Infinity, dicir que se trata da unión dun smartphone de pantalla de 5 polgadas e resolución 1920 x 1080 e dun dock que o convirte nunha tablet de 10.1 polgadas, en ambos casos con calidade Full HD.


Polo demais, o novo Padfone conta con conectividade LTE, procesdor Qualcomm Snapdragon 600 a 1,7 GHz, 64 GB de memoria interna (+50 GB na nube de Asus), 2 GB de memoria RAM e dobre cámara, de 13 e de 2 megapíxeles.

Conta coa versión máis actual de Android, a 4.2, así como tamén unha serie de aplicacións propias para tomar notas, tratar imaxes… algo que en certa maneira lembra á suite das Galaxy Note de Samsung.
Venderase o pack completo por 999 €, e estará dispoñíbel a partir do mes de abril en toda Europa.
Por outro lado, o FonePad é a aposta polo sector dos tabletphones, aínda que cunha pantalla de 7 polgadas (tamaño tablet) e resolución 1280 x 800 HD. Pouco máis avanzaron sobre as súas características técnicas máis aló das cámaras, de 3 e 1,2 megapixeles.


Haberá diversas combinacións atendendo a almacenaxe interna, a máis barata será de 219 €, un prezo realmente competitivo.

Sobre o autor

No Responses

Reply