Samsung estrea a Galaxy Note de 8 polgadas

A Galaxy Note 8.0 chegou a Barcelona discretamente, sen grandes eventos nin teasers para “darlle emoción ao tema”. Está claro que o fabricante coreano xa se considera maduro abondo para poder presentar os seus produtos en solitario, como ha facer co agardado S IV.
E outra cousa que nos queda clara é que ademais de centrarse no seu smartphone estrela tamén aposta pola Note, esa tablet vitaminada que está a triunfar entre toda esa xente que precisa dunha ferramenta completa de traballo.
Estréase así a versión de 8 polgadas, a Note 8.0, dispón de pantalla WXGA, dobre cámara (5 e 1,2 megapíxeles), procesador de catro núcleos a 1,6 GHz, 2 GB de RAM e 16 ou 32 GB de memoria interna segundo versións, ampliábeis por microSD de até 64 GB. Corre Android 4.1.2 Jelly Bean e ten unha batería de 4600 mAh.
Incopora, como as súas predecesoras, a multixanela, ademais de outras funcionalidades como S Planner. Así mesmo, inclúe novos servizos como Awesome Note, aplicación que permite diversos formatos para tomar notas ou Smart Remote, para poder usar o dispositivo como un mando a distancia universal.
Chegará ás tendas no segundo trimestre do ano.

Sobre o autor

Reply