Fujitsu volve a Europa cun smartphone pensado para os maiores

Fujitsu iniciou o ano, tecnoloxicamente falando, cunha intención clara: traer os seus smartphones a Europa, ademais das tablets que xa están comercializadas. Malia todo, a súa intención non é entrar de calquera xeito, senón focalizándose nun público concreto: as persoas maiores.
Así foi como xurdiu o Stylistic S01, un dispositivo que se comercializará no vello continente xunto a Orange a partir de xuño, e no está pensado até o último detalle. Así, por exemplo, algo que chama a atención cando o usamos é que, ademais de contar cunha interface simplificada en botóns grandes, precísase facer unha presión superior á habitual para que funcionen, simulando un teclado físico convencional.
Tamén dispón dun botón de pánico / emerxencia que fai que comece a soar unha alarma con alto volume, por se o usuario se atopa mal e quere alertar á xente que haxa arredor nese momento.
Polo demais, o dispositivo conta con características técnicas semellantes a outros terminais Android, como pantalla de 4 polgadas, dobre cámara (8,1 e 0,3 megapíxeles) , memoria de 4 GB ampliábel por microSD e Android 4.0 (Ice Cream Sandwich).
A batería é de 1800 mAh e conta coas especificacións IPx5 / 8, IP5X de resitencia a auga e pó.
A nós pareceunos moi interesante este movemento de centrarse nun público específico para tratar de facerse oco nun mundo cada vez máis competitivo. Que opinades vós?

Sobre o autor

2 Comments

  1. Brainzum 2 Marzo, 2013 Responder
  2. Anonymous 3 Marzo, 2013 Responder

Reply