Primeiras impresións do HTC One

Malia que HTC non quixo agardar ao MWC para presentar o seu buque insignia para este 2013, foi en Barcelona o primeiro lugar no moitos puidemos cacharrear con este dispositivo, deseñado coidando até o último detalle, o que se traduce nunha sensación de primeiras impresións de gran calidade.
Os acabados en aluminio na práctica totalidade do que non é pantalla ou cámara, o estar deseñado nunha única peza e o deseño curvado axudan nesa sensación de estar ante un dispositivo único.
En características técnicas non destaca especialmente sobre outros terminais da mesma gama. Así estamos ante un procesador de catro núcleos a 1,7 GHz, 2 GB de memoria RAM ou cámara de 13 megapíxeles (montando 3 sensores de 4,3 megapíxeles cada un). Hai 2 versións atendendo á capacidade de almacenaxe interna, 32 ou 64 GB, e a batería é de 2300 mAh.
Pero é no software onde se atopan as principais diferenzas. Partindo de Android Jelly Bean (4.1), o HTC One incorpora a interface Sense 5.0, con 3 funcionalidades clave que puidemos probar e que son realmente diferenciadoras.
Para comezar, BlinkFeed, un feed de novas que podemos customizar para ter na pantalla do noso smartphone e  disfrutar de novas ou actualizacións das redes sociais que teñamos configuradas.
Pola súa banda, Zoe é unha funcionalidade da cámara que permite sacar moito máis partido ás fotos e os vídeos, como as imaxes con partes en movemento, a aplicación de filtros in app e outros pequenos detalles que logo poderemos compartir como queiramos a través de Zoe Share.
Finalmente, BoomSound, unha funcionalidade que mixtura un bo hardware de son, con altofalantes frontais en stéreo, e software que consegue un son completamente limpo, así como resultados de  gravación realísticos.
Cómpre sinalar tamén que este dispositivo levou o premio GSMA de Mellor Móbil, Dispositivo ou Tablet, durante o Mobile World Congress.

Sobre o autor

One Response

  1. Brainzum 2 Marzo, 2013 Responder

Reply