Fnac lanza o seu propio tabletphone, Phablet Fnac 4.5

A distribuidora de tecnoloxía e ocio Fnac vén de facer público o lanzamento do primeiro tabletphone comercializado baixo a súa propia marca, logo de ter xa no mercado 2 tablets desde hai algúns meses.
O Phablet Fnac 4.5 ten unha pantalla de 4,5 polgadas cunha resolución qHD de 960 x 540 píxeles e un ángulo de visión de 178º, un tamaño que podería considerarse a medio camiño entre smartphone de gama alta e tabletphone.
Dispón dun procesador Dual Core Cortex A9 a 1 GHz, 1 GB de memoria RAM, 4 GB de memoria interna ampliados por microSD (incluída) de 32 GB e batería de 1600 mAh.
Inclúe dobre cámara, a principal de 8 megapíxeles e a frontal VGA, ranura para dúas tarxetas SIM e Ice Cream Sandwich (Android 4.0) como sistema operativo para poñer orde a todo o hardware
En canto a prezo e dispoñibilidade, xa a podemos reservar nas tendas físicas ou a través da web, aínda que non será até o 11 de mazo cando esté dispoñíbel en tendas. O seu prezo, 179,99 €, o que sen dúbida é un dos maiores atractivos deste produto.

Sobre o autor

3 Comments

  1. Mallando 10 Marzo, 2013 Responder

Reply

Deixa una resposta a Mallando Cancelar a resposta