Lonxe do que semella, logo de ver os highlights, o Mobile World Congress non son só teléfonos e tablets, senón o gran escaparate da telefonía móbil, onde tamén se dan a coñecer procesadores, antenas, sistemas de transmisión… e, como non, accesorios para smartphones.
Entre as empresas adicadas a este cometido destacaba a presenza dos finlandeses Golla, unha compañía que leva moitos anos traballando na fabricación de carcasas, protetores, sistemas de audio… vamos, toda unha gama de accesorios para smartphones e tablets.
As súas principais bazas son o prezo en carcasas e fundas, inferior aos orixinais (non confundirse pensando que son unha ganga, porque son produtos de gran calidade) e, sobre todo, a variedade, xa que se ofrece unha amplísima gama de estampados e cores.
Tamén destaca as diferentes formas que teñen; así, as fundas para tablets poden ser de tipo sobre, estuche, ríxidas ou ríxidas con dobleces para poder manter o dispositivo de pé e disfrutar, por exemplo, de estar vendo unha película sen necesidade de estar suxeitándoa coa man.
Os dispositivos máis exitosos, como o Galaxy S III entre outros, teñen ademais gamas de produto que se adaptan ao cento por cento; para o resto están as medidas xenéricas, que abranguen unha chea de tallas para que todo smarphone ou tablet teña a súa funda adaptada.
Tamén destaca de Golla a súa sección de audio, na que atopamos diferentes tipos de cascos. Hai para todos os gustos atendendo a cores e a seu obxectivo de uso: se os imos empregar para facer deporte, rollo casual…
Podemos atopar os produtos de Golla en varias tendas físicas e grandes almacéns e todo o territorio español, ademais de tendas en liña como Amazon.
Se queredes achar máis información sobre a compañía podedes visitar a súa páxina web.