Google ameniza a espera do I/O 2013 con varios ovos de pascua

O próximo 13 de marzo ábrese o prazo de inscrición para o I/O 2013, o evento para desenvolvedores máis importante de Google, no que se agarda sexa presentada a nova versión de Android, Key Lime Pie, ademais de outras sorpresas que teñen preparadas os de Mountain View.
O que non é unha sorpresa é o prezo das entradas (aínda que deixa a boca aberta), 300 dólares para estudantes e 900 as estándar. Adoitan esgotarse  rapidamente unha vez que se poñen á venda, polo que se estades pensando en asistir recomendámosvos que teñades configurado o servizo de Google Wallet para pagar e non perder o tempo no momento, así comoo voso perfil de Google+ activado, requisito imprescindíbel para poder asistir.
Para amenizar a espera Google incorporou unha serie de “ovos de Pascua” na páxina; pulsando no I e no O calquera das seguintes secuencias poderedes acceder a minixogos. É posíbel que haxa máis combinacións, pero polo momento descoñecémolas.
  • OOIOIOIO
  • OOIIIOOI
  • OIOIOOII
  • OIIIOIOI
  • OIIIIIII
  • IOOOOOOI
  • IOOIOOOO
  • IIOIOOII
Só tedes que acceder á web do I/O para xogar con elas (e para apuntarvos o 13 de marzo).

Sobre o autor

One Response

  1. Anonymous 8 Marzo, 2013 Responder

Reply