The Talking Shoe, as zapatillas combinadas con Android

Desde que vimos o primeiro vídeo real das Google Glass poucas cousas consideraremos imposíbeis. Por iso falar dunhas zapatillas parlantes xa non é sorprendente, aínda que si curioso.

Referímonos á última excentricidade de Google, quen impulsou o proxecto de YesYesNo e Studio 5050 de crear unhas zapatillas deportivas intelixentes, dotadas de diferentes sensores como acelerómetro, xiroscopio ou conectividade Bluetooth, ademais de altofalantes.
A idea é que sexan as propias zapatillas as que detecten a nosa actividade e, dacordo a iso, nos animen a que nos movamos, como podedes ver no seguinte vídeo.
Cómpre lembrar que estamos a falar dun prototipo moi prematuro, e que non se sabe se realmente quedará nunha anécdota ou se algún día teremos roupa e accesorios así para o noso uso cotián.A vos que vos parece?

Vía

Sobre o autor

Reply