Se xa líchedes o artigo no que publicamos as características técnicas do novo Samsung Galaxy S IV podedes ver o seguinte vídeo oficial no que se amosan dun xeito máis visual, ademais de introducir as principais funcionalidades software, o realmente novidoso neste móbil.
Como era de agardar, as reaccións do resto de fabricantes non se fixo esperar. LG, por exemplo, aproveitou que parte do tinglado de Samsung tiña lugar en Times Square para trollear, tal e como podedes ver na seguinte imaxe, que colgamos onte no Twitter, posto que varias das funcionalidades xa as teñen incorporadas no seu Optimus G.
Pola súa banda, HTC, a través do seu CEO Ben Ho, afirmou que o novo dispositivo de Samsung era máis do mesmo: “chasis de plástico con pantalla máis grande”. En palabras de Ben Ho, a xente que busca un dispositivo bo con acabado premium escollerá un HTC One co seu deseño en aluminio.