Sony segue a aumentar a familia Xperia tras a presentación de dous novos dispositivos que veñen a cubrir o oco de novidades pendentes na gama media. Son o Xperia SP e o Xperia L, dous terminais que comparten deseño e acabados similares ás gamas altas (Xperia T, Xperia Z) e pantallas de gan calidade.
Xperia SP |
O Xperia SP está fabricado en aluminio e conta cunha banda transparente que se pode iluminar en diferentes cores para as notificacións. Dispón de pantalla de 4,6 polgadas HD de 720p con Mobile BRAVIA e cámara principal de 8 megapíxeles con sensor Exmor RS for Mobile e HDR, zoom 16x e gravación en 1080p. A cámara frontal é VGA.
O seu procesador é un Qualcomm MSM8960 Pro (dobre núcleo) a 1,7 GHz, incorpora NFC e é compatíbel coas redes 4G – LTE. A batería é de 2370 mAh.
Xperia L |
Pola súa banda, o Xperia L ten unhas características máis modestas, aínda que non por iso menos interesantes. A súa pantalla de 4,3 polgadas FWVGA, o procesador de dobre núcleo a 1 GHz e cámara principal de 8 megapíxeles (zoom 4x, gravación 720p), mentres que a frontal é VGA.
Tamén incorpora chip NFC e a súa batería é de 1750 mAh.
Ambos os dous estarán dispoñíbeis en 3 cores (branco, vermello e negro), veñen con Android 4.1 Jelly Bean, con 8 GB de almacenaxe interno (ampliábeis por microSDs de até 32 GBs).