Desvelados os plans de actualización de Samsung para o 2013

Algo que preocupa aos usuarios de dispositivos Android é o tema das actualizacións, moitas veces non tan rápidas como agardaríamos, sobre todo se temos un dispositivo que non está nos tope de gama. Malia todo, nos últimos tempos os fabricantes están a axilizar estes tempos para ter os seus terminais actualizados.
Estes día coñecemos os plans de Samsung de actualizacións dos seus dispositivos xa coñecidos, que inclúe Jelly Bean (4.2.2) para os máis antiguos ou inferiores en prestacións e o aínda non presentado Key Lime Pie para outros.
Así, recibirán KLP (versión normal, WiFi ou LTE de todos eles)
  • Galaxy S III
  • Galaxy S IV
  • Galaxy Note 8.0
  • Galaxy Note 10.1
  • Galaxy Note II
Doutra banda, recibirán Jelly Bean (4.2.2)
  • Galaxy Grand / Grand Duos.
  • Galaxy Ace II
  • Galaxy S III Mini
  • Galaxy Beam
  • Galaxy Express
  • Galaxy S Advance
  • Galaxy S II
  • Galaxy S II Plus
  • Galaxy Premier
  • Galaxy Note
  • Galaxy Young / Young Duos
  • Galaxy Fame
  • Galaxy X Cover 2.

Sobre o autor

3 Comments

  1. Anonymous 19 Marzo, 2013 Responder
  2. Anonymous 19 Marzo, 2013 Responder

Reply