Google vén de facer oficial Keep, unha nova aplicación coa que o xigante de Mountain View quere solucionar o problema da sincronización de notas, algo que xa coñeciamos doutros servizos como Evernote.
A nova ferramenta confórmase basicamente cunha aplicación para Android, que permite tomar notas de texto, facer listaxes de cousas, empregar fotografías e mesmo notas de voz, entre outras moitas cousas.
Ademais, dispón dun widget de escritorio ben para facilitar o acceso á toma de notas ou ben para telas visíbeis. Todo iso sincronízase cunha versión de escritorio vencellada a Drive, á que podemos acceder desde https://drive.google.com/keep/
Nome da aplicación: Google Keep
Prezo: GratuítaRequerimentos: Android 4.0.3 ou superior
Desenvolvedor: Google Inc
Descarga: Play Store