Eric Schmidt: "Android e Chrome OS seguirán separados"

Hai uns días anunciamos o relevo de Andy Rubin ao frente de Android, que pasaba a ser sustituído por Sundai Pichar, quen pasaría de levar a vicepresidencia da sección de Chrome e Apps a compaxinar este cargo coa responsabilidade sobre Android.
Isto levounos, entusiasmados polo baile de fusións e reorganizacións de servizos que Google anda a levar a cabo, a pensar se estarían a traballar nalgún tipo de fusión de Android e Chrome OS nun único sistema operativo. A idea non é tan descabelada, pois é algo que están a facer o resto de apostas de sistemas operativos.
Eric Schmidt, tras ver que esta idea de fusión estaba cobrando forza nos diferentes medios, saiu ao paso para confirmar  que Android e Chrome OS “durante un longo período de tempo manterán camiños separados”, segundo publica Reuters.

Vamos, que de momento non veremos un Andhrome.

Sobre o autor

Reply