Como sabedes, estamos pendentes de todas as actualizacións que está a realizar Google, e neste senso unhas datas importantes son do 15-17 de maio, cando se celebrará o Google I/O 2013. Aló está previsto que se dé a coñecer Key Lime Pie, a nova versión do sistema operativo, que podería traer importantes novidades, como a rumoreada (e agardada) unificación dos servizos de mensaxería (Google Talk, Hangouts, Voice e Messenger for Google+) nunha aplicación que lebaría por nome Babble.
Nesta liña de renovacións, vense de filtrar un vídeo que amosa como sería a nova versión da Play Store, a 4.0, que non sabemos se será liberada antes da nova versión de Android ou conxuntamente.
Como podedes ver, as principais novidades é que conta coa denominada interface Holo que tanto está a gustar aos usuarios, e que inclúe navegación con tarxetas, ao estilo Google Now, algo que resulta bastante útil ademais de vistoso.