Se tedes unha Nexus 7 e queredes trastear con ela para instalarlle o sistema operativo Ubuntu, podedes facelo grazas a esta guía que publicou Canonical e cuxos pasos imos reproducir a continuación.
Mais antes de anda debemos asegurarnos de ter instalado no noso computador Ubuntu 12.04 LTS ou unha versión posterior e de que a tablet ten o bootloader desbloqueado.
Se cumplimos eses requisitos, accedemos a Terminal e introducimos a seguinte secuencia de 3 comandos:
sudo add-apt-repository ppa:ubuntu-nexus7/ubuntu-nexus7-installer
sudo apt-get update
sudo apt-get install ubuntu-nexus7-installer
De seguido, conectamos o Nexus 7 (asegurándonos de non ter outro dispositivo conectado ao computador) a través do cable USB e iniciamos o instalador (desde o cadro de busca de aplicacións de Ubuntu tecleamos “Nexus” e xa nos debera aparecer). O único que quedará será seguir as instrucións que nos vaian aparecendo en pantalla.
Volver a Android.
Unha vez que se teña a Nexus 7 con Ubuntu, para volver a ter Android habería que instalar a ROM de fábrica. Para iso, debemos descargar esta imaxe desde aquí (oficial de Google).
A continuación, executaríase o seguinte comando na tablet:
tar zxvf nakasi-jro03d-factory-e102ba72.tgz
Unha vez entrado en modo fastboot, executamos os seguintes comandos.
cd nakasi-jro03d/
sudo ./flash-all.sh
Como vedes, non ten moita dificultade, mais recomendamos que só fagades este tipo de cousas se tedes certos coñecementos, e sempre baixo a vosa propia responsabilidade.