Fíltranse fotografías e algunhas especificacións do Galaxy S IV Mini

Samsung quixo repetir a experiencia do Galaxy S III, do que presentou unha versión con características algo inferiores unha vez que tivo o seu buque insignia á venda, co novo Galaxy S IV. Así, nas próximas semanas darase a coñecer o Galaxy S IV Mini, que se vén de filtrar, tanto en características técnicas como en fotografías que descubren o seu deseño.
Así, o S IV Mini conta cunha pantalla de 4,3 polgadas Super AMOLED QHD con 256ppi, procesador de 1,6 GHz de dobre núcleo e Android 4.2.2, aderezado con TouchWiz UX 2.0.
Agárdase que sexa comercializado cara finais de maio ou comezos de xuño, mais seguramente antes teñamos as súas características definitivas.

Sobre o autor

Reply