Mentres agardamos a chegada do Samsung Galaxy S IV ás tendas podemos ir abrindo boca con certas novidades que se foron filtrando, como os fondos de pantalla ou os tons de chamada, que hoxe compartimos convosco.
En total son 32 arquivos de audio e 7 fondos en alta resolución, que podedes atopar en dous zips: tons de chamada – fondos de escritorio.
Ademais, tamén se deron a coñecer diversos vídeos a modo de demo das principais funcionalidades do novo terminal de Samsung, como Group Play, da cámara, interacción co móbil sen tacto e un máis xenérico e, en certa medida, filosofal.