Quen non oiu falar de PortAventura? O parque de atraccións catalán é un dos principais atractivos turísticos da Costa Brava. Atraccións como o Dragon Khan ou a máis recente Shambhala, que mantén 4 recórds europeos desde a súa inauguración (maior altura, caída máis alta, máis rápida e de maior percorrido), ou os seus famosos espectáculos son mundialmente coñecidos.
Agora, veñen de presentar a súa nova aplicación para móbiles e tablets, que permite ter toda a experiencia do parque baixo control, desde o momento en que decidimos que queremos ir e mercamos as entradas até cando estamos aló.
Inclúe unha chea de posibilidades, como comprar entradas, reservais hoteis e restaurantes ou atopar información práctica sobre o parque, como calendario e horarios ou o acceso por transporte público.
Pero o mellor de todo son as ferramentas que ofrecen unha vez que estemos no parque. Así, a aplicación inclúe desde algo tan básico xeolocalizar onde aparcamos (se imos en coche) como a trazabilidade de itinerarios para optimizar a nosa visita, onde se nos ofrece a posibilidade de seguir algún elaborados por PortAventura ou o noso propio.
O apartado de atraccións é moi completo, incluíndo o tempo de espera que hai nas colas en tempo real, a posibilidade de crear unha alarma que nos avise cando haxa menos afluencia, información e fotos sobre a mesma, a posibilidade de facer checkin para saber que levamos probado e que non e, por suposto, compartir a experiencia en redes sociais.
Vamos, que se estamos pensando en organizar unha visita a PortAventura esta aplicación é imprescindíbel.
Nome da aplicación: PortAventura
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.3 ou superior
Desenvolvedor: PortAventura Entertainment
Descarga: Play Store