Google actualiza o seu Tradutor para incluír servizo offline

Google actualizou onte a súa aplicación de tradución, Translate, para engadir unha interesante funcionalidade: a tradución offline. Isto resulta tremendamente útil, porque moitas veces onde sacamos máis partido deste tipo de aplicacións é nas viaxes ao extranxeiro, onde é habitual non dispor de conexión á rede por mor das abusivas tarifas de roaming.
Sen embargo, para poder empregar esta funcionalidade é preciso que descarguemos previamente os paquetes de idioma que desexamos ter dispoñíbeis para traducir sen conexión, algo que debemos facer cando estemos con conexión WiFi, posto que son bastante grandes (aproximadamente 150 MB por idioma).
Se non tedes instalada esta aplicación, podedes descargala gratuitamente desde a Play Store

Sobre o autor

Reply