O Concello de Rianxo vén de presentar unha aplicación pioneira nun concello de Galiza que ten como obxetivo que a veciñanza poida comunicar desde o seu smartphone e en tempo real calquera tipo de incidencia ou desperfectos que ache no concello.
Mobilízate permite á xente de Rianxo seleccionar nun menú o tipo de incidencia ou dano que quere denunciar, puidendo engadir a posición exacta a través do GPS, unha fotografía e as observacións que se estimen oportunas para focalizar o problema.
As denuncias non serán anónimas, haberá que indicar o nome, DNI e un correo electrónico de contacto, co fin de evitar usos abusivos ou non axeitados.
O certo é que nos parece unha iniciativa moi interesante e digna de ser replicada noutros concellos, vós que opinades?
Nome da aplicación: Mobilízate
Prezo: Gratuíta
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.1 ou superior
Desenvolvedor: eLABORO
Descarga: Play Store
Paréceme xenial.
magnifica idea! xa o podian poñer en fene