Aparecen 2 novos terminais de HTC en Taiwán: Desire P e Desire Q. Tamén para Europa?

O fabricante HTC vén de presentar dous novos smartphones no seu Taiwán “natal”, orientado a competir no sector da gama media, que como sabedes cada vez incorpora características que até hai uns poucos meses estaba só ao alcance dos tope de gama.
Concretamente, os dispositivos presentados son o Desire P e Desire Q, que podedes ver nas imaxes anteriores.
O primeiro deles ten unha pantalla de 4,3 polgadas, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, cámara principal de 8 megapíxeles e ampliación de memoria por microSD. Está dispoñíbel en vermello e branco e ten un prezo que ronda os 320 €.
Pola súa banda, do Desire Q só se coñece a dimensión da súa pantalla (4 polgadas), que estará dispoñíbel en branco, negro e vermello e que o seu prezo andará arredor dos 200 €.
Ambos os dous saen á venda con Android 4.1 Jelly Bean, e aínda que non hai datas concretas para a súa chegada a Europa, todo apunta a que podería ser nos meses de maio ou xuño.

Sobre o autor

Reply