MiiPC, un ordenador baseado en Android pensado para toda a familia

Moitos usuarios empregan o seu computador de escritorio para realizar tarefas básicas, como a navegación, a edición de pequenos documentos… polo que ter un PC completo pode non ser a mellor opción.
Con esta premisa, entre outras, nace o proxecto de MiiPC, que pretende levar aos fogares un dispositivo compacto e capaz de resolver os problemas computacionais das familias con nenos, que se pode conectar a unha pantalla tradicional ou a un televisor que teñamos na casa.
Na súa versión inicial conta cun procesador Marvell New Armada de dobre núcleo a 1,2 GHz, 4 GB de memoria interna, 1 GB de memoria flash, 2 portos USB, entrada de micrófono, jack 3.5, saída HDMI, porto Ethernet, WiFi e Bluetooth 4.0.

Como sistema operativo emprega Android 4.2 Jelly Bean, con funcións como o multiusuario e certas adaptacións pensadas para conseguir unha óptima visualización en pantallas de TV. Ademais, como puidéchedes ver no vídeo anterior, inclúe ferramentas pensadas para pais que queren controlar o tempo que os fillos pasan empregando o computador ou que aplicacións están a usar desde unha aplicación que poden ter instalada nos seus smartphones (Android ou iOS).

Polo de agora non ten unha data de saída á venda, pois trátase dun proxecto de financiación conxunto, do que podedes achar máis información aquí. Malia todo, que vos parece? Mudaríades o voso PC de escritorio por un MiiPC?

Sobre o autor

Reply