A actualización de Google Now inclúe novos comandos en español

Hai quen di que Google Now é o servizo estrela de Google para smartphones (e que tamén será para navegador), “a revolución das buscas”, aínda que até o de agora a meirande parte das posibilidades desta ferramenta estaban reservadas ao inglés.
Coa actualización que vén de recibir a aplicación Search amplíase o catálogo de comandos de busca por voz en español (para o galego toca seguir agardando 🙁 ) e as respostas faladas. Isto vale para que o móbil responda ás nosas preguntas realizadas en linguaxe natural, e aplícase ás buscas sobre o tempo e hora, eventos e espectáculos, lugares e mapas, curiosidades, finanzas e conversión de moeda, deportes e moitas outras cousas, como podedes ver nas seguintes imaxes:
Ademais, os comandos de voz tamén serven para as aplicacións, podendo realizar bastantes accións sen ter que usar as mans para teclear. Eis algúns exemplos:
  • Calendar: “Crear evento de calendario: reunión con Pepito el día 6 de abril a las 10”
  • Mapas: “Mapa de A Coruña” / “Como llegar a la avenida de Vigo, Ferrol”.
  • Google+: “Publicar en Google+: por fin deja de llover”
  • Abrir aplicacións / webs: “Abrir Twitter”

Como vedes, as posibilidades da aplicación de busca van moito máis alá de “ver que sae en Google”, polo que vos recomendamos que lle botedes un ollo con calma para descubrir todo o que podedes facer con ela. Se non se vos actualizou xa, mirade se aínda a tedes pendente de descarga na Play Store. Lembramos ademais que estas funcionalidades que vos comentamos de Google Now só funcionan en Jelly Bean (4.1 ou superior)

Sobre o autor

Reply