A empresa galega Evelb, adicada á consultoría informática e desenvolvemento de software, presentou hai uns días a aplicación Farmacias (eFarmacias na Play Store), unha ferramenta que pretende achegar aos usuarios información práctica sobre este tipo de establecementos.
O que máis destaca da aplicación é a súa interface sinxela e totalmente intuitiva, ademais da comodidade de que empregue a xeolocalización para achegarnos información das farmacias máis próximas, sinalando con diferentes cores os establecementos de apertura diurna (verde) ou 24 horas (vermello). Neste senso, cómpre indicar que a aplicación ten información de todas as farmacias do Estado, mais os datos sobre farmacias de garda só están dispoñíbeis para os establecementos de Galiza e Madrid capital.
Como adoita ser habitual neste tipo de aplicacións, ao seleccionar un establecemento concreto ofrécesenos a posibilidade de facer unha chamada de teléfono ou activar a navegación para ir até o lugar.
Así que se non queredes vervos nun apuro a próxima vez que andedes na procura dunha farmacia, recomendámosvos que teñades instalada esta aplicación dos vosos smartphones, que ademais de todo é gratuíta.
Nome: eFarmacias
Prezo: Gratuíta
Requisitos: Android 2.2 ou superior
Desenvolvedor: evelb
Descarga: Play Store
Ola, moitas gracias pola difusión! Comentar que seguimos traballando para ampliar a información e actualmente temos as farmacias de guardia de Galicia, Madrid Capital, Valencia Capital, Almería, Alicante, Zaragoza, Segovia, San Sebastián, Ceuta, Cuenca capital, Irún, Castellón, León, Sevilla capital, Córdoba, Burgos e Huesca.Tamén inclimos a localización de todas as Farmacias de Portugal.Seguiremos ampliando en seguintes actualizacións para mellorar a app.