Queda pouco, moi pouco, para que o novo servizo de mensaxería unificado de Google sexa unha realidade. O que sabemos até o de agora é que suporá a unificación de diferentes servizos (Gtalk, Messenger para Google+, Hangouts e Voice) e que estará moi integrado con Gmail e Google+.
As primeiras capturas “reais” (hainas que tomar con precaución) de Babel (confirmaríase o nome, no canto do Babble inicial) revelan unha interface que inclúe emoticonas agrupadas en diferentes categorías, de xeito semellante a outros servizos de mensaxería que xa empregamos na actualidade
Ademais tamén se revelaría a necesidade (lóxica) de contar con conta en Google+ para empregar o servizo de transferencia de fotos.
Sexa como sexa, parece que non será antes do Google I/O 2013 (mediados de maio) cando Google presente ao público este novo servizo, aínda que estamos certos de que antes desas datas teremos novas imaxes ou informacións
non considero lóxica a necesidade de vinculalo a g+, e penso que lle vai restar popularidade (se a xente non quere g+ non sei por que teñen que andar insistinto tanto)
aínda que se ten smiles de porquiños, hai que probalo 😀
Ola Anónimo,
Consideramos lóxica porque os servizos de comunicación máis avanzados que xa ten Google (Hangouts, Messenger) están vencellados a Google+ por ser un espazo no que se pode interactuar moito máis. Así, xa agora, as imaxes que se comparten a través de Messenger gárdanse nun albume privado dentro de Google+ para que poidas consultalas en calquera momento, gardalas, editalas, compartilas (pensa na vantaxe disto en canto a comidade fronte a servizos como Whatsapp, nos que che poden enviar unha foto e unicamente quedará no teu móbil)… De forma totalmente automatica e sincronizada, sen ter que facer nada máis.
Doutra banda, as hangouts non son simples videochamadas, senón que tamén permiten o traballo en equipo, visualizando un mesmo escritorio, un mesmo documento… e iso só se pode facer a través de Google+.
Por todo iso consideramos lóxico que quen queira usar algo máis ca un simple chat precise activar Google+, ao fin e ao cabo tamén hai que ter conta de Google para usar os seus servizos…
Un saúdo e graciñas polo comentario!