Galaxy Win: gran pantalla e características medias no novo terminal de Samsung

Imponse o tamaño de pantalla grande. Isto non é novidade, máis ben é unha tendencia que levamos constantando en todo o último ano. Por iso o novo terminal da compañía coreana non escatima no seu último terminal, o Galaxy Win, que incorpora 4,7 polgadas, aínda que con resolución 800 x 480 píxeles.
Conta cun procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD de 32 GB) e cámaras de 5 megapíxeles e VGA, para a traseira e frontal respectivamente. En canto á batería, esta é de 2000 mAh.
En canto a software, incorpora Android 4.1 Jelly Bean, aderezado co TouchWiz de Samsung e Easy Mode, Smart Alert e Motion UX.
Polo de agora non se adiantou nada sobre a súa dispoñibilidade ou prezo, así que en canto teñamos esa información farémovola saber.

Sobre o autor

Reply