Galaxy Mega 6.3 e Galaxy Mega 5.8. Así son os novos dispositivos de Samsung

A familia Galaxy segue a medrar, desta volta con dous novos terminais que combinan grandes dimensións de pantalla con características máis ca decentes, aínda ca non á altura do S 4, que seguirá sendo o buque insignia do fabricante coreano.
O Galaxy Mega 6.3 conta cunha pantalla de 6.3 polgadas LCD con resolución 1280 x 720, pocesador de dobre núcleo a 1,7 GHz e 3200 mAh de batería.
Dispón de 1,5 GB de RAM, versións de 8 e 16 GB ampliábeis por microSD e cámaras de 8 e 1,9 megapíxeles. Ademais, inclúe NFC  e conectividade LTE.
Pola súa banda, o Mega 5.8 ten unha pantalla de 5.8 polgadas qHD, procesador de dobre núcleo a 1,4 GHz, 1,5 GB de RAM e 8 GB de memoria interna. As cámaras tamén son de 8 e 1.9 megapíxeles e ten chip NFC. A batería quédase nos 2600 mAh.
Pola súa banda Samsung non especificou nin cando estarán dispoñíbeis nin que prezo terán, mais imaxinamos que andarán arredor dos 300-400 euros e sairán á venda logo do S 4.
QUe vos parecen estes novos terminais? Estanse a pasar co tamaño? Mudan pouco a estética de Samsung? Agardamos as vosas impresións por acó ou polas redes sociais

Sobre o autor

Reply