Google Glass: xa temos as súas especificacións

Co paso do tempo imos coñecendo máis e máis cousas sobre as Google Glass, que estamos certos terán un protagonismo especial no vindeiro I/O 2013 que se celebra o mes de maio.
Agora, desde Mountain View veñen de dar a coñecer as súas características principais, entre o que destaca a súa minúscula lente, que ofrece a sensación de estar mirando unha pantalla de 25 polgadas a 2,5 metros pero a tan só 74 mm do ollo.
Polo demais, a conectividade é WiFi e Bluetooth 4.0, ten cámara de 5 megapíxeles con capacidade de gravación de vídeo a 720, 16 GB de memoria interna. A batería din que durará un día completo, e poderanse cargar por microUSB.
En principio, serán compatíbeis con calquera móbil que teña Bluetooth, pero para sacarlle todo o partido debemos ter instalado no móbil a aplicación MyGlass, que funcionará unicamente a partir da versión 4.0.2 de Android.

Sobre o autor

Reply