Archos dá o salto aos smartphones con 3 dispositivos económicos

Archos é unha compañía que xa todos coñecemos pola súa gama de tablets a prezos interesantes e que agora dá o salto ao mundo dos smartphones con tres alternativas moi a ter en conta por quen busque dispositivos Android ben de prezo.
Archos Carbon 35
O terminal de entrada é o Archos 35 Carbon, un dispositivo que por 89 euros ofrécenos unha pantalla de 3,5 polgadas, procesador mononúcleo a 1 GHz, 512 MB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB.
Vén con Android 4.0.4, Ice Cream Sandwich, e batería de 1300 mAh.
Archos 50 Platinum
O Archos 50 Platinum é para este fabricante o dispositivo de referencia; conta cunha pantalla de 5 polgadas de resolución 960 x 540, procesador de catro núcleos a 1,2 GHz e cámara principal de 8 megapíxeles. Dispón de 1 GB de RAM e 4 GB de almacenaxe interna, ampliábeis en 64 GB extra a través de microSD.
Coa coa versión de Android 4.1.2 Jelly Bean, batería de 2000 mAh e custará 219 €.
Archos 53 Platinum
Finalmente temos o Archos 53 Platinum é un terminal que comparte practicamente todas as características co 50, resaltando as seguintes diferenzas:  pantalla (5,3 polgadas), batería (2800 mAh) e o prezo (269 €)
Todos eles son Dual SIM, é dicir, podemos ter dúas tarxetas de compañías diferentes inseridas á vez nos terminais, e estarán dispoñíbeis a finais do mes de maio. 
Como vedes, unha vez máis queda demostrado que o prezo non é un problema para poder disfrutar dun smartphone sen ataduras de operadoras.

Sobre o autor

Reply