Estes días, coincidindo coas primeiras unidadades de Google Glass que están a chegar aos desenvolvedores, estań a aparecer numerosos vídeos de unboxing, ou o que vén a ser o mesmo: aperturas das caixas para amosar que hai dentro dos paquetes.O primeiro dos vídeos é un unboxing ao uso.
Este que compartimos a continuación é máis orixinal, porque quen o fixo emprega as propias Google Glass para gravar o vídeo (aínda que é un falso unboxing, porque xa estaba aberto para coller os lentes).
Como vedes, este obxecto de desexo coida todos os detalles estéticos, tanto no propio produto como no xeito en que é presentado ao público.
Curiosidade: Un estudiante que accedeu a este programa de probas intentou subastar as gafas por eBay. ¿O obxectivo? Pagar o seu crédito de estudos.
¿Resultado? Un grupo de “activistas”, entusiastas de google, sabotaron a puxa. Ademáis, google prohibe comerciar con estes prototipos, polo que non está claro se terían emprendido accións legais de terse rematado a venda.
http://news.cnet.com/8301-17852_3-57580581-71/google-activists-try-to-sabotage-google-glass-auction/
Ola Elrohir,
graciñas pola túa achega. O certo é que é o típico caso de dilema moral, xa que o obxectivo do tipiño non era de todo malo: por que non vai poder vender as súas Glass se hai quen está disposto a pagar unha cantidade desorbitada por elas?
Pero claro, iso bate contra as bases de Google que prohíben explicitamente a súa comercialización, polo que estaba incorrendo nunha falta grave.
Supoñemos que quedará todo en nada, porque a Google tampouco lle interesará moito que se desvíe o debate cara esas anécdotas no canto de centrarse nas posibilidades dos lentes.
Un saúdo!