Xperia P, Xperia Go e Xperia E actualízanse a Jelly Bean

Sony vén de anunciar a actualización do sistema operativo para tres dos seus terminais: o Xperia P, o Xperia Go e o Xperia E, que xa teñen dispoñíbel Android 4.1 Jelly Bean.
Entre as novidades máis destacadas e diferenzas fronte a anterior versión de Android está Google Now, o servizo de alertas de Google que nos avisa do tempo, tráfico, cambios de moeda, resultados deportivos… e tamén dá resposta ás nosas preguntas.
Así mesmo, Sony tamén aproveitou a actualización para introducir novas cousas, como aumentar o número de escritorios a 7 ou o modo Stamina para o aforro de batería.
Se tedes un destes terminais, conectádeo ao voso PC a través de PC Companion para realizar a actualización

Sobre o autor

Reply