Key Lime Pie non se presentaría no I/O 2013. Nova versión de Jelly Bean?

A poucas semanas de que comece o evento de desenvolvedores de Google I/O 2013 chega unha información que contradí o que viñemos prognosticando desde hai varios meses: a presentación dunha nova versión de Android completa e non unha revisión da mesma.

Así, practicamente dábamos por seguro a chegada de Android 5.0 (Key Lime Pie). Sen embargo, un último rumor apuntaría a que en Google andan probando dispositivos con Android 4.3, a compilación JWR23B (a primeira letra é de Jelly Bean), en diversos dispositivos Nexus.
De confirmarse estes feitos cabería prognosticar que Android 5.0 chegaría arredor do mes de outubro, xa que todas as novas versións completas de Android, exceptuando a estrenada para tablets Honeycomb (Android 3.0) foron presenadas nos meses de stembro ou outubro.

Sobre o autor

Reply